A Deputación destina 550.000 euros a financiar os servizos de normalización lingüística dos concellos

09 Xaneiro 2022

A Deputación da Coruña vén de anunciar que destina 550.000 euros a financiar o traballo dos concellos en materia de promoción e uso do galego. Deste xeito, abriu o prazo para que as administracións locais soliciten as subvencións para garantir a presenza de persoal técnico especializado en normalización lingüística no ano 2022.

As axudas diríxense a concellos, agrupacións de municipios, mancomunidades e outras entidades locais da provincia. Como dixemos, a Deputación, a través da área de Normalización Lingüística, destina un total de 550.000 euros, dos que cada beneficiario poderá recibir un importe máximo de 15.000.

Poderán participar todos os concellos da provincia de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos e mancomunidades que, entre eles, cheguen a esa cifra mínima de residentes.

En 2021, un total de 46 concellos contaron con persoal técnico especializado para a promoción do galego a través da liña de axudas da área de Normalización Lingüística da Deputación, departamento que dirixe a deputada María Muíño.

As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL) e o prazo de presentación remata o 31 de xaneiro.

Entre as funcións xerais e de dinamización dos servizos están o asesoramento á Administración en materia de política lingüística, velar polo cumprimento da lexislación, fomentar o uso do galego na sociedade; planificar, xestionar, executar e avaliar accións favor da lingua, propoñer programas dinamizadores ou coordinar redes de traballo para o fomento da nosa lingua.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.