A ABE achegará asistencia xurídica personalizada aos seus asociados

14 Xaneiro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) asinou este 14 de xaneiro un convenio de asistencia xurídica coa avogada Patricia González Romero para achegar unha serie de vantaxes extra aos seus asociados sobre cuestións legais que lles poden afectar directamente ao longo da súa actividade. En virtude do acordo, a letrada convértese en colaboradora da asociación aportando o seu coñecemento no ámbito da avogacía, en especial no ámbito do dereito mercantil.

O acordo asinado polo presidente da ABE, Daniel García, ten unha vixencia de un ano e inclúe unha primeira consulta gratuíta e un desconto, do 15% sobre o arancel oficial do colexio de avogados de A Coruña.

Daniel García e Patricia González aclararon que esta primeira consulta e o posterior desconto tamén será de aplicación se un membro da ABE ten unha consulta do ámbito civil ou penal.

O presidente quixo destacar que “a especialidade da xurista é a reclamación de impagos, polo que os socios e socias da ABE terán a súa disposición un novo servizo que se engade aos que xa prestabamos”

Pola banda da avogada explicou que no tocante a reclamación de impagos “estúdase cada caso de maneira particular e en función dese estudo decídese implementar unha fase de recobro amistosa ou xudicial”.

En virtude do convenio e para ambos casos os socios da patronal boirense teñen incluídos descontos respecto a tarifa oficial.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.