Galicia estará nesta xornada baixo influencia anticiclónica, cun potente anticiclón localizado nas Illas Británicas. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior que darán paso a tempo seco e soleado. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente leste, frouxos en xeral, moderados no litoral norte.

O NOSO MAR: Vento do leste á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 1 a 2 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 1 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:35 | 3.5 m |
| Baixamar | 08:47 | 0.9 m |
| Preamar | 14:47 | 3.4 m |
| Baixamar | 20:56 | 0.9 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:41 | 3.3 m |
| Baixamar | 08:50 | 1.0 m |
| Preamar | 14:57 | 3.2 m |
| Baixamar | 20:59 | 1.0 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 02:28 | 3.5 m |
| Baixamar | 08:38 | 0.8 m |
| Preamar | 14:39 | 3.4 m |
| Baixamar | 20:48 | 0.8 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



