“Portas e ONG: o arrastre no centro do debate” – Antón Luaces

22 Decembro 2021

Que o arrastre é un obxectivo das organizacións ecoloxistas non significa novidade algunha no sector pesqueiro. Tampouco o son os traballos que o propio sector levan a cabo para reducir os posibles danos que esa modalidade de pesca puideran causar ao medio mariño. Mais en ocasións a “demonización” que as devanditas organizacións medioambientalistas empregan para tratar de eliminar sen máis o arrastre semella levar a conclusións moi diferentes das que se precisa sexan clarificadas.
Esas ONG silencian traballos como os que realizan os armadores Punta del Moral (OPP80) para minimizar o impacto do arrastre no medio mariño.
Este é un labor que ven de rematar e que comezou no ano 2020 coa instalación de portas “voadoras”, testadas polos armadores onubenses e que presentan un menor impacto nos fondos mariños permitindo aos propios armadores un aforro de combustible que, nestes tempos, non vén nada mal.
A substitución nos barcos das portas tradicionais polas denominadas “voadoras” é unha medida destinada -como xa se dixo- a paliar os efectos do arrastre no medio mariño, porque non tocan fondo e xa se utilizan noutras artes de pesca. As conclusións das probas realizadas avalan as melloras esperadas nos distintos caladoiros nas que foron empregadas.
Tras as conclusións preliminares -moi favorables- o informe final determinará agora se os bos resultados acadados coa instalación das portas voantes ou voadoras son extrapolables ao resto de buques arrastreiros.
Pola información facilitada, as portas voadoras xeran menor esixencia á máquina (o que se traduce nun aforro de combustible e a conseguinte redución de emisións); elimínase o impacto provocado polo contacto das portas convencionais co leito mariño, que é o máis lesivo de todos os provocados polo arrastre de fondo para os ecosistemas bentónicos; non mengua a capacidade de captura da arte, que funciona correctamente; permite un maior control da profundidade e a posición das portas verbo do aparello, grazas aos sensores instalados no novo prototipo de porta.
Como é coñecido, a función das portas de arrastre é abrir horizontalmente a boca do aparello ou rede, manter todo o sistema de arrastre en estreito contacto co leito mariño e conducir aos peixes cara a rede. Na maioría dos sistemas de arrastre de fondo, as portas son o primeiro punto de contacto da arte de pesca co leito mariño. Nas pesqueiras de arrastre de fondo emprégase unha ampla gama de deseños e tamaños/pesos de portas. As de arrastre tradicional, dado o seu posicionamento, dependen do cizallamento contra o chan para estender a rede. A evolución do deseño destas portas foi cara a elementos máis eficientes e hidrodinámicos e as máis medioambientalmente sustentables, segundo a FAO, son as portas de arrastre peláxico, de deseño moi semellante ao das “voadoras” que probaron os barcos da frota de Ayamonte debido a que non tocan o fondo mariño.
Pero este traballo de modificación non o ven -ou non queren velo- as seis organizacións ecoloxistas que, con 152.000 sinaturas -non as 175.000 que pretendían- tentan lanzar unha campaña internacional contra o arrastre de fondo, implicando na mesma ao eurocomisario de Pesca Virginjus Sinkevicius, que recolleu persoalmente esas sinaturas e mesmo se fotografou cos ecoloxistas a afirmando que o arrastre é a actividade “máis prexudicial para o medio mariño”. Son sinaturas que emprazan ao Executivo comunitario a incluír no Ocean Action Pla, que prevén aprobar na vindeira primavera, a “prohibición inmediata do arrastre en todas as áreas mariñas protexidas”, UN PRIMEIRO PASO PARA VETALO EN MÁIS ZONAS DA UNIÓN EUROPEA.
Para a patronal pesqueira CEPESCA, o arrastre de fondo “xa ten pechados todos os lugares do mundo onde existen ecosistemas vulnerables” e lamenta a demagoxia dos que “sen depender da pesca, nin eles nin a súas familias, demonizan ese arte con informacións falsas que xeran confusión nos cidadáns e nas institucións”.

Outros artigos

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...

+

“Homenaxe ao doutor Sixto Seco” – Xosé González Martínez

Cando o correlixionario e amigo Luís Soto Fernández, fundador da UPG, puido volver do exilio mexicano, facíao todos os anos pola primavera. Acudía sempre a recollelo ao aeroporto. Camiño da súa natal Vilanova dos Infantes, faciamos unha parada na igrexa conventual de...

+

“Solidariedade e humanidade” – José Manuel Pena

Algunha xente continúa cunhas mentalidades moi pechadas e pouco empáticas cos problemas e as vivencias doutras persoas que padecen situacións difíciles ou complicadas. Algo similar sucede cos menores migrantes, non acompañados que chegaron ao noso país, en busca de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

“Cuando el payaso llora” – Manuel Domínguez

Cuando el Payaso llora. A punto de salir a pista, tras las cortinas, los últimos minutos, la tele habla de los niños asesinados en Gaza, el bombardeo cruento del Hospital en Ucrania, tanta muerte inocente. Al payaso le cae una lagrima, recorre su mejilla dejando...

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

“Igualdade e dignidade”. Luís Celeiro

A moitos dos que andan polas alturas da función ou da acción política gústalles falar dorespecto á vontade popular, á que a mesma Constitución de 1978 alude no seu Preámbulo,cando fala de “consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresiónda...