Política Lingüística convídanos a presumir de lingua propia nunha nova compaña presencial e dixital

15 Decembro 2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou os detalles dunha innovadora iniciativa para fomentar o uso da nosa lingua nas contornas urbanas e, principalmente, entre as novas xeracións. Trátase da campaña Saca o galego que levas dentro, unha proposta itinerante (que comeza en Coruña e Ferrol o seu periplo e que logo abranguerá as catro provincias) que colle corpo cunha marcada vertente tecnolóxica, nas redes sociais baixo o cancelo #Sacaogalegoquelevasdentro e, tamén, a través dunha páxina web que poderemos ver a pleno rendemento en dallealingua.gal.

Os obxectivos, segundo fixo saber na presentación o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, son “poñer en valor a lingua propia entre toda a sociedade; destacar a súa importancia como elemento clave da nosa identidade; alimentar o arraigo, o orgullo e o sentimento de pertenza e fomentar o seu uso entre todos os galegos e galegas”.

A campaña consiste nun percorrido polas catro provincias, complementando o labor dinamizador e lingüístico cunhas estruturas xigantes con espellos nos que os viandantes poden verse reflectidos ao tempo que len a seguinte mensaxe: “Din que a beleza está no interior. E ti gardas unha lingua fermosa! Saca o galego que levas dentro”.

Valentín García, quen presentou (xunto cos representantes do Concello, que colabora neste programa de dinamización) na praza de Vigo da Coruña esta nova iniciativa, destacou que en Galicia e os galegos e galegas “temos un gran tesouro, a nosa lingua, un símbolo de riqueza cultural, social, histórica e comunicativa, ademais dunha ferramenta de moi notábel utilidade que nos permite comunicarnos incluso fóra da nosa Comunidade”. Amais, engadiu que “sempre son benvidas as accións que nos axudan a sacar o galego que levamos dentro”, e expresou o seu agradecemento aos concellos que colaboran acollendo propostas deste tipo.

A praza de Vigo da Coruña e a praza de Armas de Ferrol contan desde agora cunha nova convidada: unha estrutura de 1,50 m x 2,20 m formada por catro caras, tres delas cubertas por un espello no que os viandantes poden verse reflectidos baixo o lema da campaña.

Na estrutura figura tamén o cancelo #Sacaogalegoquelevasdentro, acompañado da mensaxe “E compárteo con orgullo”, que convida a quen o lea a tomar unha foto no espello e compartila en redes sociais, trasladando así a campaña das rúas galegas ao mundo virtual.

Despois da Coruña e Ferrol, esta acción visitará Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Arteixo.

Tamén como parte da campaña, a Xunta desenvolverá outra acción nos parques das catro provincias. Así, Dálle á lingua chegará en datas vindeiras aos espazos de xogo da cativada para “xerar experiencias positivas ao redor do idioma e abrir novas vías para a transmisión interxeracional do galego implicando a pequenos e adultos”. A acción contará, por unha banda, cunha parte presencial nos parques de distintas cidades “nas que dous monitores dirixirán varias actividades e xogos que facilitarán que as familias participen, empregando os divertidos retos escritos en tíckets que se tomarán duns dispensadores semellantes aos dos números no supermercado”, sinalou o secretario xeral engadindo que a outra parte da acción será unha parte dixital, a través do web dallealingua.gal, ao abeiro da cal “calquera persoa interesada poderá descargar o material e xogos empregados polos animadores”.

Outros artigos

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

Cuando las materias que pretende conseguir o las normas quequiere aprobar no les favorece de forma clara -no sacan nada enlimpio, no hay más poder o más dinero-, los socios de investidurade Sánchez no lo apoyan; entonces, leña al PP.En estos casos, los ministros y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...