Patricia Torrado leva este Nadal as historias de don Carlos e os lucecús ás parroquias de Porto do Son

24 Decembro 2021

Ao abeiro do programa de actividades de Nadal organizado polo Concello de Porto do Son e dentro da sección de Contacontos de Nadal, a escritora sonense Patricia Torrado Queiruga vai ir de de xira estes días polas parroquias do seu concello, recreando o argumento do seu libro infantil Don Carlos e o Misterio dos Lucecús. As sesións comezaron esta semana en Portosín, San Pedro de Muro, Xuño e Caamaño e proseguen na tarde deste 24 de decembro en Queiruga, retomándose os contacontos a partir do 3 de xaneiro, na Biblioteca Municipal Xerardo Díaz, na Casa de Cultura de Miñortos e no Local da Comunidade de Montes de Nebra.

Argumento do libro (Baía Edicións)

Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicábeis e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, o único que os podería axudar a buscar unha explicación a tanto misterio, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas.

Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso convídante a desentrañar cada misterio coa axuda de don Carlos. Unhas pescudas que vos levarán a valorar o lugar no que vivides, o medio ambiente, as tradicións, o amor e os prexuízos cos que podemos atoparnos todos os días.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.