O Noia colle aire a costa do Choco (3-0)

21 Decembro 2021

Era un partido marcado de cor vermella no calendario para o Noia, a visita do Choco, equipo que marcaba a salvación. E fíxose notar. Dous goles en dous minutos sepultaron por completo as opcións do Choco de rascar algo positivo no duelo directo pola permanencia disputado no Julio Mato. Antes da hora de partido os noieses xa marchaban co definitivo 3-0 que lles fai respirar de cara á segunda volta.
Despois dun comezo algo dubitativos, no que o Choco foi mellor e gozou das mellores ocasións, no segundo tramo do primeiro acto os noieses mostraron súa mellor cara.
Así, no minuto 35, un bo balón colgado ao área de Anxo atopaba libre de marca a Ángelo que poñía o 1-0 para adiantar aos locais.E acto seguido, sen tempo para que os visitantes puidesen repoñerse do golpe, Pablo Carro no 37’ poñía o 2-0 desde o córner que cambiaba o decorado radicalmente par o segundo tempo.
Xa no segundo tempo, o conxunto de Redondela tentou reaccionar, pero sen acerto. Así, antes de que o reloxo alcanzara a hora, Jesús anotou o terceiro tanto que pechou o encontro fronte a un Choco superado, sen resposta e cos brazos caídos.
A goleada puido ser de escándalo porque os noieses viron como o xuíz de liña lles anulaba dous goles por foras de xogo. Final 3-0, e o Noia voltou a manter a portería a cero despois de sete xornadas sen facelo.

Agora, os noieses voltarán á competición o 9 de xaneiro para comezar a segunda volta fronte ao Ourense. Logo visitarán ao Polvorín co partido aprazado e ao Fabril. Un mes de xaneiro moi complicado. Con este resultado o Noia sae dos postos de descenso e sitúase na 13ª praza con 15 puntos, os mesmos que o Choco.

Outros artigos

María Sampedro entrega as axudas aos deportistas individuais

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañada polo concelleiro de Deportes, Álex Vidal, entregou na tarde deste luns 2 de febreiro as axudas aos deportistas individuais correspondentes ao ano 2025. O acto institucional, que tivo lugar no antigo auditorio,...

+

Noia convértese este 31 de xaneiro na capital da patinaxe artística

Este sábado, 31 de xaneiro de 2026, o Pavillón Agustín Mourís do concello de Noia acollerá as Preseleccións Provinciais Cadete - Sénior de Patinaxe Artística organizadas polo Club Noia Patin. Será, en palabras do Concello, unha xornada chea de elegancia, esforzo,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.