O Nadal en Dodro colle impulso coa visita aos colexios do Apalpador

22 Decembro 2021

Este martes 21 de decembro as escolas integradas no CRA de Dodro (Bexo, Vigo, Laíño e Lestrobe) recibiron unha visita moi especial: a visita do Apalpador, acabado de chegar das montañas do Courel e (agora) de xira polos nosos concellos levando ilusión ás crianzas (e tamén ás nais e aos pais) neste tempo de adversidade COVID.

O Apalpador, que foi convidado ás escolas de Dodro por iniciativa da Concellería de Cultura e Patrimonio, agasallou á rapazada con contos e presentes de Nadal. A maiores, desexóuselles un bo Nadal e unhas felices vacacións.

A axenda de actividades festivas de Dodro prosegue estes 22 e 23 de decembro, coa celebración dunhas xornadas deportivas para nenas e nenos de 7 a 15 anos. Desenvolveranse entre as 11.00 e as 13.00 horas, no Polideportivo Municipal.

O 23 de decembro, pola tarde, ás 17. 30 horas, tamén no polideportivo celebrarase o Festival Dodro Nadal. No marco desta actividade a rapazada e as súas familias poderán desfrutar unha xornada lúdico-festiva con inchábeis, música e coa visita de Papá Noel.

Entre o 27 e o 30 de decembro, entre as 10.00 e as 13.00 horas, na Casa da Cultura terá lugar o Concilia Nadal. Trátase dunha oferta de actividades lúdico educativas para nenas/os de 4 a 9 anos, dirixidas a facilitar a conciliación dos tempos de traballo e crianza das familias durante as vacacións escolares de Nadal.

Xa por último, pecharase este ciclo o día 5 de xaneiro de 2022 coa recepción dos Reis Magos, ás 17.00 horas, no polideportivo municipal, onde o público desfrutará a visita das Súas Maxestades de Oriente con animación musical, malabares, globoflexia, chocolate con churros, agasallos e lambetadas.

O desenvolvemento destas actuacións estará suxeito á normativa anti-COVID vixente. Para máis información poden dirixirse ao departamento de Cultura do Concello de Dodro: 981 80 24 72.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.