O Concello de Boiro debaterá en pleno o texto da nova ordenanza de medio ambiente e xestión de residuos

20 Decembro 2021

O Concello de Boiro debaterá na sesión plenaria do vindeiro mércores 22 de decembro a aprobación inicial da nova ordenanza de Medio Ambiente. O texto pretende modificar á anterior ordenanza, do ano 1994, e que se complementou no ano 2015 coa de convivencia adaptando a xestión municipal á normativa europea, nacional e galega.

O Concello explica que “dende o ano 2018 véñense aprobando diferentes directivas europeas, así como a recente normativa galega e estatal de residuos, polo que a ordenanza de medio ambiente coa que contaba o Concello de Boiro quedou obsoleta”. Por este motivo, foi preciso levar a cabo unha actualización completa do que nela se recollía para adaptala á normativa actual.

“Esta ordenanza é un texto futuro e garantista co que se pretende normalizar e ordenar a xestión municipal, especialmente en materia de residuos”, afirma o concelleiro de Medio Ambiente, Raúl Treus. O texto establece cousas como a separación e recollida selectiva de lixo en festexos e eventos públicos ou sancións para evitar” a problemática dos enseres depositados na rúa ou o lixo fora dos contedores”, engade.

A nova ordenanza contempla xa a incorporación das tres novas fraccións de residuos que, a partir de decembro do 2023 e 2024, deben xestionar as administracións locais e que son orgánicos, aceites e téxtil. Recolle tamén o compromiso do Concello coa compostaxe, que xa se está poñendo en práctica nas vivendas unifamiliares e se quere implantar tamén de xeito comunitario, e os puntos limpos móbiles para fomentar a recollida selectiva en todos os núcleos de poboación.

O texto supón tamén unha garantía do compromiso do Concello de Boiro para realizar unha recollida selectiva e efectiva dos residuos no municipio, así como pola promoción da concienciación e educación ambiental na veciñanza.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.