O Concello de Boiro aproba a exención da taxa de terrazas para o ano 2022

17 Decembro 2021


O pleno da Corporación do Concello de Boiro aprobou unha modificación da Ordenanza fiscal nº 15 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, taboados, quioscos e outros elementos análogos con finalidade lucrativa. Con esta modificación, o Goberno local vén de eximir do pago de terrazas aos locais de hostalaría durante todo o exercicio 2022.

Cómpre lembrar que esta medida xa se tomou de forma excepcional nos anos 2020 e 2021 para axudar ao sector hostaleiro a paliar os efectos da crise producida no sector con motivo do peche de locais debido á COVID-19. “Deste xeito”, explica o Concello, “todos aqueles locais que soliciten a ocupación de vía pública para a colocación de terrazas en calquera dos períodos estipulados, todo o ano, semana santa ou verán, non terán que aboar as taxas correspondentes ao exercicio 2022”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.