A Pobra recibirá os fondos que lle corresponden do IDAE

29 Decembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal informou de que “despois dun longo procedemento administrativo, no cal foi preciso responder numerosos requirimentos e presentar todo tipo de documentación”, recibiu neste mes de decembro a notificación por parte do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) de que se dá por finalizado o procedemento de xustificación da subvención para a renovación e adaptación dos alumeados públicos. O Goberno local agarda recibir ingreso nas arcas municipais no inicio do 2022.

A dita achega atópase adscrita ao programa destinado a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono (FEDER-POPE 2014-2020).

O investimento total acadou os 733.875’12 euros, dos cales 554 027’80 euros proceden da referida subvención e, o restante, das arcas municipais.

A actuación realizouse nun total de 2 671 puntos de luz dos 3 188 existentes no municipio, eliminando 31 deles e instalando 10 novos puntos para reforza-la iluminación nos pasos peonís. Estas novas luminarias son de tecnoloxía LED cun sistema de regulación. No relativo aos cadros de mando, procedeuse en 59 dos 62 existentes para adaptalos á normativa vixente. Así mesmo, substituíronse equipos de acendemento.

Todo isto redunda nun aforro enerxético do 70’58%.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.