O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, entidade da nosa terra centrada en promover actividades que reivindiquen os deportes ao aire libre e os tesouros ambientais e paisaxísticos da comarca e de Galicia, vai comezar o ano 2022 cunha completa axenda de actividades para desenvolver ao longo dos vindeiros meses, entre as que se inclúen andainas por boa parte da xeografía galega e máis alá (están previstas rutas polos Picos de Europa e polo Bierzo, en León). O calendario de saídas inclúe un percorrido que reivindica a riqueza medioambiental do Barbanza: unha camiñada polo río Traba, en Noia.
Estas son as rutas previstas:
-9 de xaneiro: rio Traba (Noia).
-30 de xaneiro: Sendeiro de Zobra (Lalín).
-20 de febreiro: fervenzas e camiños empedrados de Boiro.
-13 de marzo: Fragas da Ribeira e do Lostegal (As Pontes).
-3 de abril: Codeseda – Sabucedo (A Estrada).
-Fin de semana 23 e 24 de abril: dúas rutas por Castro Caldelas. Mirador de Matacás e bosques máxicos. Durmir en Hotel as maceiras (Trives).
-17 de maio: fervenza do Rexedoiro (Val do Dubra).
-5 de xuño: Enseada do Baño, Segaño, Chanteiro (Mugardos).
-24 (festivo), 25 e 26 de xuño tres días de sendeirismo por Somiedo (Asturias) e Babia (León):
Venres 24 de xuño: La Cueta – Fontes do Sil – pico Pena Orniz.
Sábado 25 de xuño: Lagos de Saliencia – Lago del Valle – pico Albos oriental.
Domingo 26: La peral – collado La Enfistiella – Pico Mocoso – La Peral
-O 2 de outubro o club organiza unha andaina de 25 km (haberá unha variante de 15 km), que forma parte dos open de andainas de 25 km de Galicia.
-En outubro farase un fin de semana polo Bierzo.
-No segundo semestre do ano o club informa de que “aparte doutras rutas aínda sen concretar tamén está previsto facer unha ou dúas rutas do Camiño dos Faros e unha polas Fragas do Eume”.
Para máis información e para formalizar inscricións, cómpre visitar o vintedouspes.blogspot.com ou chamar ao teléfono 609 071 273.
