O Club Baloncesto Noia pecha o ano sexto

29 Decembro 2021

No últimos tres anos, o primeiro equipo do Club Baloncesto Noia tivo tres planteis diferentes, onde cambiaban o 90 % dos xogadores. O que isto conleva é que cada ano o clube se vise obrigado a facer un novo proxecto. Ante esta problemáitca, o Berberecho Noia decidiu apostar por xente moza co obxectivo de manter a estrutura durante varios anos e así poder loitar polo ascenso. A maioría dos rapaces teñen entre os 18 e os 20 anos, algo que tamén pode chegar a perxudicar en certas fases da tempada.
Ata o de agora o certo é que os resultados non son os esperados, aínda que o obxectivo esta campaña é a permanencia, os noieses queren máis. Logo de 10 xornadas, o Club Baloncesto Noia marcha sexto na táboa clasificatoria, con tres triunfos, fronte ao Sigaltec, Xuventude Cambados e a última fronte ao Seis do Nadal, un dos aspirantes a todo. Na gran maioría dos encontros competiron ata o final, pero os nervios dos últimos minutos
condenaron en múltiples ocasións aos pupilos de Jesu Souto.
Agora quedan 4 xornadas para rematar a primeira fase regular e, aínda que está complicado, o Club Baloncesto Noia non renuncia a nada, e loitará por sacar o máximo de triunfos posibles co fin de acadar un posto que lle permita afrontar a segunda fase con moita máis tranquilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...