O Club Baloncesto Noia caeu ante o Seis do Nadal (75-69)

15 Decembro 2021

O Berberecho Noia volveu a caer por segunda xornada consecutiva nun encontro clave para as súas aspiracións. Desta vez foi no seu desprazamento a Vigo, para enfrontarse co Seis do Nadal, que ocupa a segunda praza da Primeira División Galega, e caeron nos últimos intres por 75-69.
Non comezaron da mellor maneira os de Jesu Souto, xa que os locais arrancaron o partido máis enchufados, dominando a pintura e rebotando con soltura para lograr as primeiras vantaxes no marcador. Así no primeiro cuarto os vigueses marchaban seis puntos arriba, 20-.

Sen embargo o Berberecho Noia reaccionou no segundo cuarto, mellorando a súa defensa e con boa circulación de balón, o que fixo que se puxeran dous puntos arriba ao descanso, 35-37.
Á volta do paso por vestiarios, os livicos saíron máis concentrados, colocándose por diante ao chegar ao último cuarto 54- 52. Todo quedaba aberto para o último e definitivo cuarto.
E ahí arrancou mellor o Club Baloncesto Noia, pero nos últimos minutos non foi quen de xestionar a vantaxe e deixou escapar o triunfo, cun marcador final de 75-69.
O xogador máis destacado dos noieses foi Manu con 21 puntos. Con este resultado o Berberecho Noia sitúase na sexta posición con 11 puntos.

Outros artigos

María Sampedro entrega as axudas aos deportistas individuais

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañada polo concelleiro de Deportes, Álex Vidal, entregou na tarde deste luns 2 de febreiro as axudas aos deportistas individuais correspondentes ao ano 2025. O acto institucional, que tivo lugar no antigo auditorio,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.