O BNG solicítalle a Sanidade prazos concretos e orzamentos para ampliar o Hospital da Barbanza

15 Decembro 2021

A deputada nacionalista Rosana Pérez Fernández rexistrou unha iniciativa no Parlamento galego para esixir ao Goberno autonómico a determinación dos prazos e das partidas orzamentarias concretas para ampliar o Hospital da Barbanza, un proxecto que “é unha vella demanda do BNG” e que foi confirmado polo presidente Feijóo en outubro de 2020, cando sinalou que o número de camas do centro ampliaríase en 22. Amais en xullo este mesmo ano o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fixo saber que finalmente optaríase por 36 novas prazas: 12 camas para unha nova unidade para hospitalización materno-infantil e 24 destinadas a pacientes de medicina interna e paliativos.

Con respecto á consignación de cartos para a realización da obra de ampliación, Pérez Fernández explicou que “nos orzamentos da Xunta para o ano 2021 contemplábanse 589.248 euros, que non se executaron e por iso volven consignar a mesma cantidade no proxecto de orzamentos para o 2022”. En todo caso, engadiu, “esa contía non sería suficiente para poder realizar o proxecto e comezar as obras tendo en conta que a futura ampliación debe pasar aínda por varias fases”.

Pérez Fernández critica a política de publicidade e propaganda da Xunta pois “a piques de rematar temos moitos anuncios pero ningún feito que supoña a mellora desta infraestrutura sanitaria tan básica para a comarca”. Por esta razón, o BNG demanda que o Goberno galego “deixe de facer anuncios e se poña a traballar para acelerar os trámites que permitan que poboación da Barbanza vexa melloradas as súas instalacións e prestacións sanitarias”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...