O BNG pide suspender a autorización da mina de San Finx porque carece de avaliación ambiental e os vertidos impactarán moi negativamente na ría de Muros-Noia

21 Decembro 2021

A portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez reclamou “paralizar a autorización” á mina de San Finx porque carece de avaliación ambiental e os vertidos impactarán gravemente sobre a ría de Muros-Noia.

A parlamentaria lembrou que a mina incumpre a normativa dende o ano 2009 e agora a

 Empresa Tungsten San Finx vén de solicitar a autorización para o vertido ao río Pesqueira de augas residuais industriais depuradas procedente da explotación mineira de estaño e wolframio de San Finx e tamén  o proxecto para a adecuación do cauce para a retirada dos sedimentos acumulados no dominio público hidráulico na contorna das presas.

Os veciños e veciñas da comarca de Muros e Noia, as Corporación Municipais de Noia, Outes e Porto do Son e as confrarías da ría posicionaronse contra a autorización  que está a tramitar a Xunta e as consecuencias de 12 anos de irregularidades por parte da mina.

A 7 Km da mina, explicou a deputada,  está a ría de Muros e Noia, unha ría riquísima, que dá de comer a miles de persoas de xeito directo e indirecto e que non se pode permitir colgar o cartel de “pechada por defunción” que pende sobre ela por mor dunha actividade mineira.  Para a nacionalista, a  “Xunta permitiu, e permite”, negando unha e outra vez os seus impactos non se sabe en base a que intereses, e mesmo sendo cómplice e facilitadora dunha situación que os propios informes técnicos de Augas de Galiza poñen en cuestión.

A conivencia da Xunta de Galiza coa empresa que xestiona San Finx é “clamorosa”,  dende  2009, ano  no que a empresa retomou a súa actividade mineira “sen un proxecto de avaliación ambiental e sen exposición pública”. Por certo, lembrou a deputada,   “actuacións que acabaron no xulgado e que levaron ao daquela director xeral de minas a ser investigado e, evidentemente, a deixar de ocupar ese cargo” e a pesar disto, a Xunta de Galiza subvencionou, entre os anos 2009 e 2013 con máis de 2 millóns de euros e o IGAPE con 800.000 euros. No 2013, a empresa declarábase  en concurso de acredores e non abonou a nómina aos seus traballadores, durante seis meses.

Máis tarde, secuenciou a deputada, para seguir tapando unha  autorización do 2009 sen avaliación ambiental, quixeron que asumiramos que as presas de residuos mineiros, abandonadas e colmatadas eran, segundo un informe que da Xunta, “presas hidroeléctricas” vencelladas a muíños. Unha historia que mantiveron durante 10 anos até  que un informe de Augas de Galiza de 2019 corroborou que “as presas, a súa xestión e a súa explotación eran realizadas pola empresa mineira”.

Neste sentido, Rosan Pérez reiterou que “aquela  mentira” mantida tantos anos, coa Xunta mirando para outro lado, tivo e continúa a ter consecuencias no territorio  a pesar dos informes técnicos  e científicos como os publicados pola  Universidade de Oviedo  que constatan a presenza de minerais radioactivos, ou o da Universidade de Vigo que evidencia a contaminación da ría por metais pesados  vinculada á actividade mineira de San Finx.

A deputada afirmou que a  solicitude de vertidos “é unha verdadeira ameaza”  e a mina  “non pode reabrise  sen a avaliación ambiental”.

Reclamamos que se cumpra estritamente a lei e que se lle requira a Tungsten San Finx a presentación dun novo proxecto de explotación e o respectivo estudo de impacto ambiental así como o sometemento a unha tramitación rigorosa de avaliación ambiental.

A moción defendida pola deputada do BNG, Rosan Pérez foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Portavoz de pesca do BNG, Rosana Pérez

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

“El Rey, Sánchez, Mazón y Valencia” – Manuel Domínguez

A la vista de los hechos pudiéramos pensar que poner en la misma comitiva, al rey junto a los presidentes pudiera ser un error. Sabiendo de antemano, que un pueblo que ha perdido más de 200 vidas, sin hogar, abandonado de la mano de dios, no serían recibidos en loor...