
Novos números da nosa publicación mensual. Un número dobre que achega a actividade cultural e das festas de nadal na nosa comarca.
Baixo o título “Un extra de solidariedade polo nadal”, o número 29 de O Barbanza , pasa revista á aposta da comarca nestas festas polo formato inclusivo e colaborativo. Facemos balance de proxectos presentes e futuros onde os nosos concellos avanzanos detalles das súas follas de ruta 2022.
No aspecto social repasamos os calendarios pola integración no que Amicos, Ambar e Misela lanzan as súas publicacións solidarias e tmaén tratamos o papel dunha empresa comprometida como é JEALSA que celebra en Boiro a gran festa da integración.
No número extraordinario de Nadal, o número 30, recollemos a axenda destas festas 21-22 que resultan ser unha macro-axenda. Os programas culturais dos nosos concellos veñen ateigados de actividades.

No eido máis cultural publicamos artigos de historia, sobre as novidades da nosa literatura e das nosas letras.
Coma sempre as publicacións están xa repartidas en toda a comarca de balde coa súa tirada habitual de 6.000 exemplares e podense leer e descargar tamén en pdf desde a web de “obarbanza.gal”.