Na Pobra o Concello convoca as axudas ao transporte de estudantes relativas ao curso 2021-2022

10 Decembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal convocou novamente unha liña de axudas económicas para os estudantes locais no relativo ao desprazamento a centros de ensino no curso académico 2021-2022. A contía total destinada a estas achegas, que prolongan as do ano pasado, establécese nos 7.500 euros. O importe máximo para cada persoa beneficiaria oscila entre os 100 e 150 euros, dependendo da distancia ó centro de estudos.

A Administración local pretende así “colaborar economicamente coas familias de menor renda para a realización de estudos oficiais, empregando esta liña de axudas”.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), neste 10 de decembro.

As persoas que concorran deben cumprir os requisitos que se detallan na convocatoria e poderán ser beneficiarias as/os estudantes que estean realizando algún dos seguintes estudos: ensinos universitarios adaptados ao espazo europeo de educación superior conducentes a títulos oficiais de grao e de mestrado; ensinos universitarios conducentes aos títulos oficiais de licenciatura, enxeñaría, arquitectura, diplomatura, mestre/a, enxeñaría técnica e arquitectura técnica; complementos de formación para o acceso ao mestrado, grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura; ensinos da formación profesional; ensinos da educación especial; ou bacharelato para opcións non ofertadas nos centros da Pobra do Caramiñal ou que non dispoñan de prazas vacantes.

A convocatoria das ditas axudas está publicada na páxina web do Concello, ademais de se indicar a documentación que se debe presentar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...