Montescola crea a Área Conservada do Portelo da Devesa en Lousame

26 Decembro 2021

A Fundación Montescola ven de crear en Lousame a Área Conservada do Portelo da Devesa, o primeiro territorio de todo o Estado que opta ao recoñecemento polas Nacións Unidas e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza como Área OECM, sigla en inglés dunha nova categoría de espazos naturais conservados denominada denominada “Outras Medidas Efectivas de Conservación Basadas en Áreas”.

Montescola deu este paso logo de adquirir varias parcelas contiguas para a custodia do territorio, as dúas últimas co apoio da Deputación da Coruña mediante o seu “Programa de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente”. A Área Conservada ten polo momento algo menos dunha hectárea, máis é contigua ao Monte Veciñal de Froxán, xa recoñecido pola ONU en 2017 e irá ampliándose nos próximos meses mediante novas adquisicións.

Toda a zona, que tiña un bosque de ribeira ben conservado, ardeu en 2006 nun gran incendio, inzándose de eucalipto e acacia na última década e media. Mesmo así, a presenza de antigas labores mineiras fai que existan varios refuxios de quirópteros, incluíndo morcegos de ferradura que forman parte do Catálogo galego de especies ameazadas. Nas parcelas adquiridas recementemente existe unha poboación destes morcegos, que agora será protexida.

Nas últimas semanas sucedéronse ademais diversas intervencións para eliminar completamente os eucaliptos e acacias da Área Conservada do Portelo da Devesa, a última na semana pasada en colaboración coas Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia. Nos próximos meses continuarase o traballo de restauración ambiental consolidando o rexenerado natural e voltando introducir especies de ribeira.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.