Mensaxe de fin de ano do Presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

31 Decembro 2021

Boas tardes a todos.
Chegadas estas datas, é tempo de botar a vista atrás e facer balance dun ano que unha vez máis volveu estar condicionado pola covid e que lamentablemente volve a condicionar este Nadal, que non está a ser como a todos nos gustaría.
Por iso, antes de nada, quero mandar unha aperta a todas esas familias que perderon un ser querido por mor da pandemia e a todos os que se atopan nos hospitais loitando por superar a enfermidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa mensaxe de Fin de Ano de 2021. Monte do Gozo, Santiago de Compostela, 21/12/21.

E tamén quero dar as grazas a eses profesionais, coma Yolanda Moares, que tanto nos coidaron e que volveron dar o mellor para salvar vidas e para curarnos. E que o seguen facendo.
Un grazas de corazón e de parte de todos os galegos a médicos, enfermeiros, auxiliares, a todos os sanitarios pero tamén a aqueles que co seu traballo fan que a vida sexa un pouco menos dura cada día: policías, xente de protección civil, traballadores de residencias, mestres…
Co seu esforzo, e o de todos os galegos, logramos que a taxa de mortalidade sexa a máis baixa da Península e conseguimos reducir o impacto da pandemia grazas ao sentidiño.
Estamos a ser un exemplo de responsabilidade e solidariedade na vacinación, cunhas das taxas máis altas de España e de Europa.
Nieves, Nieves foi a primeira dun proceso que está a ser modélico. Millóns de galegos pasaron polos recintos de vacinación ao longo deste ano e aínda o fan agora para recibir a dose de reforzo e para vacinarse por primeira vez os nenos. Un proceso nunca visto e que mereceu a Medalla de Ouro de Galicia para os profesionais que o puxeron en marcha.
Sen dúbida, as vacinas son fundamentais para ver a luz ao final do túnel, afrontar con maior seguridade as novas variantes e ondas e tentar sobrepoñernos dunha vez a esta pandemia. O camiño non é sinxelo, pero os galegos somos quen de superar os obstáculos e chegar a bo porto.
Demostrárono este ano os deportistas galegos, que se superaron a si mesmos e volveron de Toquio con 11 medallas. Pero a verdade é que este ano foron moitos os galegos que mereceron o ouro. Os hostaleiros. Os profesores.Os empresarios. Os nososmaiores. Os nenos. Agricultores e gandeiros. Xentes do mar. E todos aqueles que con esforzo, humildade e sacrificio, non se renderon e que contribúen a facer cada día unha Galicia mellor.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa mensaxe de Fin de Ano de 2021. Monte do Gozo, Santiago de Compostela, 21/12/21.


Porque os galegos somos un exemplo de resiliencia antes de que se inventase esa palabra. Somos quen de dar o mellor de nós mesmos e seguir camiñando. Así o fixemos hai 40 anos, cando tamén con obstáculos e dificultades, aprobamos o Estatuto de Autonomía e emprendemos o camiño de maior progreso da nosa historia recente.
Catro décadas de avances nos que Galicia ten demostrado dende unha esquina da península que ser leal non é incompatible con ser reivindicativo. Que é posible sumar e servir aos cidadáns de Galicia e de España ao tempo que se mantén a identidade e as raíces. E todo iso é posible grazas aos galegos.
Sen dúbida, o Xacobeo marcará o vindeiro ano, como tamén o fará a evolución da pandemia e como afrontar a recuperación económica.
Seguro que aínda quedan dificultades. Estamos de cheo nelas. A incertidume de novas ondas, a suba do coste da vida, o prezo da luz… van ser pedras no camiño.
Pero Galicia conta cos instrumentos para facer fronte ao virus e por suposto está preparada para aproveitar os fondos europeos e poñer en marcha unha serie de proxectos que contribúan a dinamizar a nosa economía, xerar emprego e avanzar nun novo modelo máis verde, máis innovador e máis xusto.
Estamos preparados porque fixemos os deberes e porque temos o mellor recurso: a nosa xente.
Galicia non é só a fin do camiño, é tamén orixe e o camiño en si mesmo. O Camiño de Santiago é un modelo de concordia e está na orixe da construción europea.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa mensaxe de Fin de Ano de 2021. Monte do Gozo, Santiago de Compostela, 21/12/21.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.