Medio Rural e o Concello de Boiro reforzan a súa colaboración xestión forestal

14 Decembro 2021

A Xunta e o Concello de Boiro veñen de reforzar a súa colaboración en materia de xestión forestal e para a produción de viñedo e de especies frondosas autóctonas de calidade. Así se desprende da reunión que mantiveron este 14 de decembro o conselleiro do Medio Rural, José González, e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, co alcalde deste municipio coruñés, José Ramón Romero.

Máis polo miúdo, na xuntanza tratouse a oportunidade de cooperación interadministrativa que ofrece a reforma que se está a levar a cabo no Pazo de Goiáns, poñendo o foco no seu potencial forestal. Nesa liña, falouse da posibilidade de recuperar castes de variedades de viñedo na contorna do paz, amais de instalar hortos sementeiros na parcela lindeira para a produción tanto de semente como de planta de calidade de especies de frondosas autóctonas. Asemade, tratouse a cuestión da xestión forestal en terreos públicos do termo municipal boirense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.