CONGALSA entrega os premios do seu Concurso de Postais de Nadal e inicia unha campaña solidaria de recollida de xoguetes

17 Decembro 2021

O director xeral de CONGALSA, empresa referente do sector alimentario a nivel estatal e internacional, entregou esta mañá os premios do cuarto Concurso de Postais do Nadal que organiza anualmente a empresa. Luis Miguel Simarro concedeu os galardóns na mañá deste 17 de decembro nun breve acto desenvolvido nas instalacións de CONGALSA, na Pobra do Caramiñal. Este ano presentáronse ao certame unha vintena de traballos.

A iniciativa diríxese fundamentalmente a nenos familiares de traballadores da compañía, en diferentes categorías de idade. O xurado de concurso estivo formado pola Dirección Xeral da empresa, a Dirección Comercial e de Mercadotecnia e a Dirección de Recursos Humanos, responsable do Proxecto Persoas (no que se enmarca a iniciativa).

Os gañadores do concurso foron Paloma Vidal, de 5 anos (na categoría baby, de 3 a 6 anos); Ana Cañas, de 7 anos (en categoría júnior, de 7 a 10 anos), e Manuel Vidal, de 13 anos (en categoría teens, de 11 a 14 anos).

Recollida de xoguetes

Amais do devandito, a empresa activou por segundo ano consecutivo unha recollida solidaria de xoguetes entre os seus traballadores. Así, fixo saber aquelas persoas interesadas en doar xoguetes poden deixalos nun colector marítimo de oito pés que se habilitou ao efecto nas instalacións da compañía. Os agasallos serán desinfectados antes da súa entrega a colectivos desfavorecidos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.