Adxudicada a redacción do plan de demolición do colexio de Portosín

09 Decembro 2021

A Dirección Xeral da Costa e o Mar adxudicou a redacción do proxecto de demolición do colexio de Portosín. Tres foron as propostas presentadas e a encargada de elaborar o plan será Proyfe.

Pola sua banda o Concello comunicou que o plan especial para construír o novo centro educativo no emprazamento seleccionado pola Administración local xa conta coa aprobación.
Os terreos onde irá o novo colexio pertencen a oito propietarios, cos que xa se mantiveron contactos. O rexedor Luís Oujo recalcou que o traslado do colexio de Portosín é unha vella aspiración pola que o executivo leva tempo pelexando.

O alcalde salientou o compromiso de Xunta e Costas, unido ao do propio Concello, para facer realidade a construción dun novo centro formativo, así como a rexeneración da zona de Coira. O rexedor subliñou que o propósito é que todos estes proxectos poidan materializarse con moita brevidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...