Adrián Mosquera vaise aos centros educativos rianxeiros para estimular o talento deportivo de todos os escolares

20 Decembro 2021

O padexeiro Adrián Mosquera Rial, o primeiro rianxeiro que acode a unhas paraolimpíadas (participou nestes Xogos Olímpicos de Toquio, onde foi a imaxe do seu concello na capital nipona), impartiu unha charla-coloquio no CEP Brea Segade, no marco do acordo de patrocinio que o Concello de Rianxo asinou con el co fin de acompañalo e apoialo no seu periplo olímpico e demais probas deportivas.

A charla, que se celebrou o 23 de novembro, foi dirixida ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de Primaria, se ben Adrián pasou a saudar a todos os cursos, que o estaban agardando para saudalo, preguntarlle pola súa experiencia nas Olimpíadas e darlle os agasallos que lle tiñan preparados.

Xa no salón de actos, Adrián Mosquera falou á rapazada das súas experiencias e vivencias, tanto no eido persoal coma no deporte de elite e da súa experiencia en Toquio como deportista. Ao remate, os nenos e nenas fixeron unha manchea de preguntas que traían preparadas dun traballo previo coa mestra de Educación Física, Esperanza Patiño.

A xornada rematou cunha entrevista a Adrián na radio do CEP Segade, na que os escolares continuaron coas súas entrevistas ao deportista, interesándose polo seu pasado deportivo e tamén polo seu presente e o seu futuro. Foi, en palabras do Concello, “un día especial tanto para o deportista, como para a comunidade educativa do centro, ao que lle agradecemos a súa colaboración”.

Esta foi a primeira das charlas das que poderán desfrutar outros centros educativos rianxeiros no que resta de curso.

Outros artigos

O núcleo de Outeiro (Araño) xa conta con firme renovado

O Servizo de Obras do Concello de Rianxo vén de executar a renovación do firme con asfalto en quente na aldea de Outeiro, na parroquia de Araño. A vindeira semana o Servizo de Obras comezará os traballos para renovar o firme no núcleo de Adadelos (Asados), así como no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión