A Xunta e o Parlamento colaboran para achegar conservas aos bancos de alimentos

17 Decembro 2021

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, asinaron este venres 17 de decembro co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, un convenio de colaboración entre as institucións para a distribución de conservas de produtos do mar a persoas en situación de vulnerabilidade a través dos bancos de alimentos no marco do programa Conserva o importante. Ao acto tamén asistiu a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias.

Mediante esta colaboración -á que a Xunta destina 40.000 euros e o Parlamento de Galicia 20.000 euros- artéllase un “réxime de concesión de axudas aos bancos de alimentos, que se encargarán de repartir as conservas de produtos do mar”, explicaron as conselleiras, engadindo que o obxectivo é “abastecer durante estas datas con conservas de peixes e mariscos a estas entidades de carácter social e sen ánimo de lucro”. Para esta tarefa cóntase coa axuda da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes, ANFACO-CECOPESCA, no marco da colaboración anual que mantén coa Consellería do Mar.

Galicia busca con esta acción subministrar conservas de peixes e mariscos ás persoas vulnerábeis.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...