A tempada de pesca fluvial en 2022 comezará o 20 de marzo e concluirá a finais de xullo

10 Decembro 2021

A tempada de pesca fluvial en Galicia para o ano 2022 botará a andar o próximo 20 de marzo e concluirá o 31 de xullo, con carácter xeral, aínda que haberá excepcións en función de modalidades e augas.
As datas foron acordadas este venres durante a reunión do Consello Galego de Pesca Continental . A tempada de pesca de troita abrirá o 20 de marzo ata o 31 de xullo, con excepcións das masas de auga salmoneras e as de montaña, que comezarán o 1 de maio.

No caso dos cotos de pesca intensiva e nos tramos de pesca sen morte, poderase pescar ata o 30 de setembro; mentres que naqueles con convenio, prolongarase ata esta mesma data na modalidade de pesca sen morte.

Para o salmón, os pescadores poderán desenvolver a súa actividade entre o 1 de maio e 31 de xullo con cotas de captura “similares ás do ano pasado” nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense, resalta a Xunta nun comunicado.

Así, no río Mandeo establécese un máximo de cinco exemplares; nos ríos Masma e Salmeán (Lugo), de 15 e dez exemplares, respectivamente; mentres que no Miño (Ourense), o límite será de oito salmóns. En Pontevedra, o máximo será de 30 no Ulla e ningno no Lérez, que permanecerá vedado.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.