A conserveira de Calvo en Muros, a poxa en Internet por un millón de euros

01 Decembro 2021

A empresa Calvo sacou a poxa pública unha conserveira a través do portal especializado Escrapalia. O prezo de saída fixouse en 1 millón de euros, un 70 por cento de desconto respecto a a súa Valoración de Reposición a Novo ( VRN) de 2016, que alcanza os 3.292.000 millóns de euros.

Situada en Esteiro (A Coruña), ten 18.744 metros cadrados útiles. Dispón de 3 naves cunha superficie de 6.700 metros cadrados, e unha altura de entre 6 e 12 metros. Nunha dela intégrase cámaras frigoríficas de 250 metros cadrados e 5 metros de altura. Ademais, ten unha nave auxiliar cunha superficie de 1.050 metros cadrados.
O activo inmobiliario tamén conta cun edificio de oficinas de tres plantas, de 1.200 metros cadrados; un edificio de vestiario e comedor, de 300 metros cadrados, así como de dúas vivendas de 250 metros cadrados, totalmente separadas (chalé e apartamento), de uso residencial.
Por último, dispón de tres alpendres, que ocupan terreo marítimo terrestre, destinados a albergar depósitos de diversos usos, así como de bombas de captación de auga de mar.

O inmoble, que require reforma, unicamente poderá destinarse aos usos e actividades permitidas conforme ao art. 25 da Lei 22/88, do 28 de xullo de Costas, e demais normativa aplicable.

A poxa en liña estará aberta ata o 18 de xaneiro, ás 12:30 horas. Poden participar, tanto particulares como investidores e empresas, previo rexistro gratuíto en Escrapalia. Este formato supón facilitar o acceso a este tipo de inmobles, grazas ás tecnoloxías creadas para o sector inmobiliario.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.