A aula CeMIT de Ribeira achega no Nadal dúas actividades formativas para a rapazada

14 Decembro 2021

Este Nadal celebraranse na aula CeMIT de Ribeira, o centro de divulgación, capacitación e dinamización tecnolóxica do Concello, dous cursos gratuítos de informática dirixidos aos máis pequenos, ambos do 27 de decembro ao 5 de xaneiro.

Así, haberá unha primeira acción formativa para nenos e nenas de entre 7 a 10 anos (de 10 a 13 horas) titulada Iníciate na informática, na que o alumnado aprenderá a escribir, debuxar, animar fotos e navegar por Internet.

E pensando nos rapaces de 11 a 15 anos (de 12 a 13.30 horas) terá lugar unha segunda acción sobre Edición de imaxe, onde aprenderase a retocar fotografías e montar un álbum.

Cómpre formalizar as inscricións vía web no espazo en liña da aula CeMIT.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.