A Audiencia condena a cinco anos de cárcere a un home que disparou á súa exparella en Ribeira cunha arma de aire comprimido

15 Decembro 2021

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condena a cinco anos de cárcere, como autor dun delito de lesións con instrumento perigoso, a un home que disparou cunha arma de aire comprimido á súa exparella en Ribeira en xuño de 2020. Ademais, impúxolle a prohibición de aproximarse á vítima ou de comunicarse con ela por calquera medio por un período de sete anos, así como dous anos de liberdade vixiada. Os maxistrados consideran que non quedou acreditado que o sospeitoso tivese intención de matar á súa excompañeira sentimental cando lle disparou desde o balcón da súa vivenda despois de estar con ela no seu interior. Un balín alcanzou á vítima, que tivo que ser trasladada de urxencia ao hospital de Santiago.

O tribunal entende que o resultado das probas practicadas no xuízo é “insuficiente para concluír que o acusado imaxinase e aceptase a posibilidade de causar a morte da vítima”, pero asegura que si evidencian “a súa conciencia e vontade de causar á muller algún tipo de lesión”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión