A ARE celebra o Nadal ao grande: con sorteos, agasallos e solidariedade

A Campaña de Nadal impulsada pola ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios) vén este ano con dúas vertentes que se complementan e que amplifican o radio de acción da campaña. Por un lado está a vertente online, que deu comezo este 15 de decembro e que culmina o día 9 de xaneiro cun sorteo. Por outra banda está a campaña física, que inclúe o reparto de vales para xogar na ruleta e que comeza o venres 17 de decembro.

Segundo fan saber fontes da ARE, a campaña deste ano vén cunha manchea de novidades.

En primeiro lugar, a asociación participará nunha campaña online organizada pola Federación de Comercio Rías Baixas na que está federada a ARE. Esta iniciativa consistirá no sorteo de premios entre as persoas que rexistren os seus tíckets e facturas de gastos na web da Federación. O rexistro facilitarase ao máximo, xa que os establecementos asociados disporán dun cartel cun código QR que guiará aos interesados hasta a web do sorteo. Sortearanse 12 vales de compra de 50 € para gastar nos establecementos participantes.

Polo que respecta á campaña física, terá dúas partes diferenciadas: un xogo de ruleta con premios directos e un sorteo final de 10 vales de compra de 50 €. Os socios participantes disporán de “vales por unha tirada na ruleta” para repartir entre os clientes. Estes vales serán numerados e permitiranlles aos seus posuidores dúas cousas:

-Probar sorte na ruleta e ganar algún dos premios directos que agasallará a ARE (paraugas, bolsas, mochilas, botellas, lambonadas…).

-Participar no sorteo final de 10 vales de compra. As persoas que non teñan sorte na ruleta e non gañen ningún premio e aquelas que non queiran, ou non poidan, participar no xogo da ruleta, conservarán o seu vale para participar no sorteo final.

Árbores de Nadal

Para a decoración de Nadal desde a ARE apostan este ano pola reciclaxe e o deseño galego da empresa Arlit, con sede en Silleda. Así, os socios que o desexen poderán dispor dunha destas árbores para usar como adobío nos seus escaparates ou no interior dos negocios. As árbores, de doada montaxe e desmontaxe, poderán gardarse rematado o Nadal e utilizarse en vindeiros anos.

Videochamadas Reis Magos

A ARE repetirá a actividade de videochamadas dos Reis Magos. Farao en colaboración co Concello.

Cabalgata de Reis

A ARE volverá colaborar na Cabalgata de Reis que este ano volverase realizar de xeito itinerante polo Concello.

Recollida benéfica Cáritas Rianxo

Recollida de alimentos, roupa e xoguetes, impulsada pola patronal rianxeira, en colaboración co Concello e a Piscina Municipal (Beone).