A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) sorteou os premios da terceira semana da Campaña de Nadal, na que participan todos os socios da entidade. Repartíronse galardóns por valor de 500 euros.
Segundo informou a patronal facendo balance dos rexistros, estes seguen en ascenso con respecto ás dúas primeiras semanas, xa que foron 788 os clientes que veñen de rexistrar os seus tíckets ou facturas. Esta cantidade supón 363 máis que os rexistrados nos primeiros sete días e 58 máis cós rexistrados na segunda semana.
A ABE lembra que o vindeiro luns 3 de xaneiro celebrarase o cuarto sorteo, tamén de 5 premios de 100 €.
A entrega dos premios realizarase todos xuntos ao final da campaña.

O calendario de sorteos é o seguinte:
-Sorteo 1 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 4 ao 12 de decembro >> sorteo o 13 de decembro
-Sorteo 2 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 13 ao 19 de decembro >> sorteo o 20 de decembro
-Sorteo 3 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 20 ao 26 de decembro >> sorteo o 27 de decembro
-Sorteo 4 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 27 de decembro ao 2 de xaneiro >> sorteo o 3 de xaneiro
-Sorteo 5 – 1.000€ ( 1 premios de 1.000 €)
Rexistros do 3 ao 9 de xaneiro >> sorteo o 10 de xaneiro
Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos 190 socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.