A ABE sortea os premios da segunda semana da Campaña de Nadal

20 Decembro 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) vén de comunicar que xa hai gañadores dos premios da segunda semana da campaña de Nadal da entidade na que participan todos os socios da mesma. Resultaron galardoados Gabriel Moral (por ter feito a súa compra en Nobel Boiro), María Bermo (Moda Tin), Mercedes (Paquetería Josefina), Olga Hermo (Cosmos) e Chus Gómez (Carnicería J.M. Boga).

En canto os rexistros, a asociación lembra que conseguiuse “un récord absoluto dende que se puxo en marcha aplicación da web da ABE, xa que foron 730 os clientes que rexistraron os seus tíckets ou facturas”. Esta cantidade supón 305 mais que os rexistrados na primeira semana.

A patronal tamén recorda que o vindeiro luns 27 será o terceiro sorteo, tamén de 5 premios de 100 €. A entrega dos premios realizarase todos xuntos ao final da campaña.

O calendario de sorteos restantes é o seguinte:

-Sorteo 3 – 500€ ( 5 premios de 100 €)

Rexistros do 20 ao 26 de decembro >> sorteo o 27 de decembro

-Sorteo 4 – 500€ ( 5 premios de 100 €)

Rexistros do 27 de decembro ao 2 de xaneiro >> sorteo o 3 de xaneiro

-Sorteo 5 – 1.000€ ( 1 premios de 1.000 €)

Rexistros do 3 ao 9 de xaneiro >> sorteo o 10 de xaneiro

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos 190 socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.