Volve Festimaxia Lousame con espectáculos, obradoiros e unha mostra sobre as mulleres na maxia

08 Novembro 2021

Volve o certame Festimaxia Lousame, e faino cunha vontade de romper desigualdades e muros de xénero, reivindicando o importante despregado polas mulleres na maxia a través dunha exposición. Os detalles da sexta edición do festival foron dados a coñecer pola concelleira de Cultura de Lousame, Silvia Agrafojo, o mago Romarís e a técnica de Cultura lousamiá, Teresa Baluja. Segundo confirmaron, a axenda incluirá tres espectáculos todos os domingos de novembro, ás 18:00 na Casa da Cultura. Todas as actuacións serán de acceso gratuíto, previa inscrición en bandoticket.com.

O Mago Romarís acudirá a Lousame co espectáculo Maxia potáxica, o domingo 14 de novembro. O día 21 será a quenda de David Méndez, con Maxia de aquí e de acolá; mentres que Miguel de Lucas pechará o certame co espectáculo Olé.

Silvia Agrafojo confirmou que ao longo do mes de novembro vai haber unha exposición titulada As mulleres no mundo da maxia. “Con isto o que pretendemos é visualizar o papel das mulleres magas que, aínda que foron moitas, son bastante descoñecidas. Queremos achegarnos a magas como Juliana Chen, Inés Molina… entre moitas outras. Pensamos que é algo bonito e importante”, dixo.

Obradoiro de maxia

Así mesmo, a concelleira puxo en valor que “ao longo de catro días do pasado mes de outubro levouse a cabo na Casa da Cultura un obradoiro de maxia no que os rapaces e rapazas de Lousame tiveron a oportunidade de aprender un montón de trucos, que agora xa están levando ás casas. De feito, xa me comentou algunha nai que non paran de facer os trucos que aprenderon”.

Algo que tamén salientou o Mago Romarís, quen lembrou que este obradoiro de maxia “é fundamental para crear afección desde pequenos. Unha oportunidade para que os rapaces se sorprendan de si mesmos e do que poden facer. Rapaces e rapazas, que foron maioría e ás que lles encanta a maxia porque che permite desenvolver a creatividade, o sentido do humor e relacionarte con outras persoas”.

O mago Romarís asegurou que “a maxia é o espectáculo por antonomasia para o público familiar porque hai para todos. Dende rapaces pequenos ata rapaces de 90, porque é algo que nos transforma a todos en nenos. Cando vemos aos magos que fan cousas imposibles, non podemos evitar un sorriso. E un espectáculo no que están nenos, papás e avós todos xuntos, iso vale ouro. E en Lousame traballamos para que a maxia sexa un espectáculo familiar”. Neste sentido, puxo en valor que xa son seis anos de Festimaxia en Lousame: “Mesmo atopei un rapaz que me dixo que fixera un show comigo e pregunteille cantos anos tiña e dixo que doce, pero daquela tiña cinco. Impresionante”.

A sexta edición do Festimaxia Lousame 2021 está organizada novamente polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde, se ben haberá que seguir os protocolos COVID en vigor no momento da actuación e, en todo momento, levar máscara, hixienizar mans e manter a distancia de seguridade.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.