Preto de 70 mulleres obtiveron un contrato laboral durante o PIE 2020-2021 de Boiro

17 Novembro 2021

O Concello e Boiro vén de dar por rematadas as actividades do Programa Integrado de Emprego (PIE) dirixido exclusivamente a mulleres no que participaron, no curso 2020-2021, un centenar de demandantes de emprego. Segundo informou o Goberno local, os obxectivos do programa “foron cumpridos de maneira satisfactoria” e “un total de 66 persoas tiveron un contrato laboral durante o desenvolvemento do curso”.

O Concello engade que o programa “superou os retos da COVID-19 e tamén os retos dixitais”, ao poder as participantes executar actividades realizadas na modalidade de teleformación combinada coa presencial. De feito, a vertente de teleformación permitiu que, aquelas persoas con cargas familiares ou outros motivos non podían participar de forma presencial, desenvolvesen con éxito as actividades de capacitación e adestramento e levalas a cabo de maneira ininterrompida malia as restricións.

En canto á formación, impartíronse dous certificados de profesionalidade de nivel I, nas que un total de 18 persoas finalizaron os certificados de Operacións Básicas de Cociña e Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais, de 350 e 450 horas de formación.

As alumnas participantes realizaron tamén prácticas en empresas, nas que un total de 30 alumnas aplicaron os coñecementos adquiridos en sectores como o comercio, a alimentación, hoteleira, restauración ou administración…

Os datos de emprego que acadou o programa resúmense en que 62 participantes chegaron a ter un contrato laboral durante o desenvolvemento do programa por conta allea e 4 máis por conta propia. “Con estas cifras”, explicou o Concello, “cúmprese o obxectivo do programa de acadar un 45% de inserción laboral”.

As persoas beneficiarias do programa atoparon emprego en sectores como o conserveiro, conxelados, comercio, restauración, administración…

As insercións déronse principalmente en sectores aos que se dirixiu o programa, que coinciden con aqueles que máis dificultades atopan para atopar persoal cualificado. “Estas cifras demostran que Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro é unha ferramenta que contribúe á mellora do nivel de empregabilidade das súas participantes, posibilitando oportunidades reais de traballo a través da formación demandada polas empresas e sectores produtivos do municipio e a comarca”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...