Os Populares avogan porque a Xunta colabore tecnicamente no futuro complexo medioambiental de tratamento de residuos de Lousame

23 Novembro 2021

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Marisol Díaz Mouteira, avogou hoxe no Pleno do Parlamento galego porque a Xunta colabore tecnicamente no futuro do complexo medioambiental de tratamento de residuos sólidos urbanos de Lousame para garantir o cumprimento da normativa comunitaria en materia de xestión de residuos e que se procure un emprego de calidade para os seus traballadores.
Marisol Díaz manifestou que a Xunta “non está en contra de modelos de xestión de residuos alternativos a Sogama, pero insiste en que todos estes modelos deben cumprir coas directrices europeas e garantir un emprego estable e de calidade”. Porén, lamentou que o Goberno central “quere introducir máis impostos a través dunha lei que non consegue sacar adiante e quere fixar prazos inasumibles para que os concellos poidan implantar o quinto contedor”.
Neste sentido, a portavoz popular concretou que a Xunta “está a favor de que a planta do Barbanza elabore un plan de adecuación ao estipulado en materia de xestión de residuos na normativa comunitaria, ao tempo que procure un emprego de calidade para os seus traballadores”.
Díaz Mouteira explicou que, de acordo coa memoria de actividades deste complexo medioambiental correspondente a 2020, o modelo de xestión de residuos desta mancomunidade “está lonxe de acadar os obxectivos establecidos na normativa europea, xa que a porcentaxe de depósito en vertedoiro é dun 66,1 por cento e a porcentaxe de reciclado é do 31,4 por cento”.
Fronte a esta situación, a portavoz popular destacou que “o modelo de Sogama é un referente europeo e sitúase como a planta co canon máis baixo de España, cumprindo todas as directrices europeas e colocando a Galicia á vangarda de Europa na xestión dos residuos urbanos”.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.