Os empresarios de Ribeira repartirán 7.500 euros en premios na súa Campaña de Nadal

30 Novembro 2021

A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Traballadores Autónomos de Ribeira presentou este 30 de novembro a súa Campaña de Nadal 2021-2022, un ambicioso plan de impulso comercial que tamén ten un importante compoñente de dinamización cidadá, social e cultural.

Segundo fixo saber o presidente da patronal. Francisco Martínez Gude, o obxectivo é “fomentar as compras nos nosos establecementos comerciais e premiar a fidelidade dos clientes, agasallando aos consumidores con boletos que lles darán opción a gañar os premios do sorteo”. Os premios serán, de feito, unha das pezas clave da campaña, un estímulo para incrementar as compras e un xeito de recoñecerlle á cidadanía de Ribeira o seu compromiso cos establecementos de proximidade. Repartiranse 7.500 euros en vales de compra repartidos en 65 premios.

Francisco Martínez Gude, presidente da patronal, e Ramón Doval, concelleiro de Promoción Económica, na presentación da campaña

Segundo fixo saber o presidente, até agora xa se adheriron á iniciativa preto dun centenar de participantes, “pero aínda hai marxe para que se anoten outros socios que así o desexen”. E engadiu: “Temos gran variedade de sectores que participan nesta campaña: moda, deportes, complementos, zapaterías, salóns de peiteado, decoración, seguros, talleres e venta de vehículos, ferreterías, restauración e hostalería”.

Na campaña colaboran o Concello de Ribeira, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Características

-A promoción desenvolverase entre os días 1 de decembro de 2021 e o 6 de xaneiro de 2022, inclusive.

-As persoas participantes terán un identificativo que será un cartel dun boneco de neve e unha alfombra vermella.

-Os premios representan en total 7.500 euros en vales de compra repartidos en 65 premios do seguinte xeito:

1º Cinco vales de compra por importe de 300 euros

2º Dez vales de compra por importe de 250 euros

3º Vinte vales de compra por importe de 100 euros

4º Trinta vales de compra por importe de 50 euros

-Cada establecemento comercial colaborador obsequiará aos seus clientes cun boleto por cada 10 euros de compra.

-O sorte celebrarase nun acto público o 11 de xaneiro de 2022 ás 11:00 horas, ante notario, no local social da Asociación de Empresarios. O sistema será por extracción de rifas da urna onde estarán depositadas tódalas matrices das rifas que participan no sorteo.

-Cada establecemento participante poderá entregar como máximo un premio, conseguindo así que 65 establecementos repartan recompensas.

-Os premios entregaranse aos agraciados no local na rúa Rosalía de Castro da Asociación de Empresarios de Ribeira, como máximo até o 15 de febreiro de 2022.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...