“Oito grupos de Acción Local para mellorar o Sector Marítimo pesqueiro galego”. Antón Luaces

05 Novembro 2021

A comunidade galega dispón dun total de oito Grupos de Acción Local (GALP) que dan continuidade aos antigos grupos de acción costeira (GAC). Son asociacións sen ánimo de lucro colaboradores da Consellería do Mar en calidade de axentes de desenvolvemento local participativo da zona pesqueira e na xestión e control das axudas que se tramitan para o desenvolvemento das estratexias.

Son grupos que no marco do programa operativo do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca contribúen, coa súa actividade, a mellorar a transformación, comercialización  e posta en valor das producións pesqueiras, ao desenvolvemento dun sector turístico sustentable, á creación de empresas e á xeración de emprego, así como á diversificación do sector a través de iniciativas complementarias da actividade pesqueira como o turismo mariñeiro ou a valoración e conservación do patrimonio natural e cultural marítimo-pesqueiro.

Desde o ano 2016 desenvolvéronse en Galicia case que 500 proxectos ao abeiro dos GALP, cun investimento total de preto de 70 millóns de euros.

Neste momento, e co investimento de 7,5 millóns de euros, a Xunta activa outros 7,3 millóns de investimento privado en iniciativas aprobadas este ano aos devanditos GALP do sector pesqueiro, que dan pulo á dinamización das zonas costeiras galegas.

Entre as iniciativas subvencionadas na convocatoria deste ano está unha do GALP 3 Costa da Morte que promove a integración sociolaboral de persoas con diversidade funcional a través da valoración de resíduos plásticos procedentes de refugallos mariños e do sector marítimo-pesqueiro. Outras iniciativas percuran obxectivos distintos. Así, por exemplo, o GALP 4 Seo de Fisterra-Ría de Muros e Noia: Costa Sustentable, que dispón de sete iniciativas cunha achega de máis de 960.000 euros; o GALP 5, Ría de Arousa, con 15 solicitudes aprobadas  e unha axuda total de máis dun millón de euros, ou o GALP 8 Golfo Ártabro Sur, con 15 iniciativas e o investimento de case que 800.000 euros.

Cando se puxeran en marcha os GAC moi poucos crían nas posibilidades que ían outorgar estas entidades ao sector marítimo-pesqueiro; pero realidade que emana hoxendía do GALP (sucesores dos grupos de acción costeira, GAC) amosa nidiamente que, habendo iniciativas e dispoñendo de axudas económicas as posibilidades de realización de tarefas necesarias poden producir resultados como os sinalados. Todo é cuestión de poñerse a elo.

Outros artigos

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...

+

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...