“O poder da mentira” – Manuel Domínguez

26 Novembro 2021

“Pódese enganar a todo o mundo algún tempo. Pódese enganar a algúns todo o tempo, pero non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo”. Abraham Lincoln.
Actualmente chámaselles fake news, pregúntome para que usar ese palabro se o temos moi claro e detallado en lingua galega, simplemente mentira.
Non se pode enganar á xente todo o tempo, pero canto é o espazo dese todo? Só basta con gozalo o tempo que un estea no poder.
Despois quedan as medio verdades, é dicir unha cousa é certa hoxe, pero ocúltase a realidade do mañá.
Ás veces a mentira ten un efecto contrario, o que é moi habitual, aquí na nosa terra, poténciase que tal partido vai gañado para animar ao electorado, pero a realidade responde de maneira diferente, como vai gañando non necesita o meu voto xa lle sobran, así pois, o electorado queda en casa e o partido perde. É que todo o mundo crese entendido en política e da misa a metade, é como aqueles que non posúen carné de condución e dedícanse a dicirnos como temos que conducir.
Outra forma de mentir é manipular fotografías, pensando que ninguén se dá conta, pero sempre hai alguén que coñece ese espazo, co que se demostra que amenten, enganan, cando esa mentira é descuberta, ese partido ou agrupación perde crédito se mente nisto mente noutro.
Outra forma de ocultar a mentira é berrar máis que o outro, interromper, ou acusar do que sexa, isto ocorre por falta de argumentos.
Hai outra mentira o auto-engano, que tanto gusta a uns e outros, é dicir, ler a prensa que nos dá a razón, ver programas de TV que son compracentes co noso pensamento e ocultado a outra cara da moeda.
Temos que entender que cando hai unha reacción é que antes houbo unha acción e temos que estudalas para entender, exemplo porque están a aumentar os partidos xenófobos ou de extrema dereita, adóitase criticar á extrema dereita e ser mais permisivos coa extrema esquerda. Por que?
Nunha aula de 50 de xente nova só tres persoas (dúas mulleres e un home) teñen o valor de expresar as súas ideas aínda a propósito que serán insultados e mutilada a súa palabra por contradicir a opinión da marabunta.
Un medico sabe de medicamento, un xuíz de leis e non hai que suporlle outros coñecementos como verdadeiros, así vemos na TV a xente falando do divino e o humano, dan vergoña a súa ignorancia supina, baballoan como verdadeiros expertos da nada.
A mentira descóbrese, pero no mentres tanto, a xente enganada sofre, así pois penso que a mentira debese estar penada, o engano publicitario castigado de forma seria e real.
Unha cousa é equivocarse e outra mentir de forma consciente.
A Taula de Canvis apareceu durante o reinado de Jaime El conquistador, o 13 de febreiro 1.300 estableceuse que calquera banqueiro que se declarase en banca rota sería humillado por todo o pobo, forzado a vivir a pan e auga.
Calquera banqueiro que rompese a regra seria declarado culpable de fraude. Inmediatamente despois, o banqueiro seria decapitado directamente fronte ao seu mostrador e as súas propiedades vendidas para pagar os seus acredores.
O banqueiro catalán Francesc Castelló foi decapitado directamente fronte ao seu mostrador en 1.360.
Hoxe España ten máis de 100.000 leis, pero todas para protexer ao poder, sería hora xa de que os polos da terra cambiasen, o norte ao sur e o sur ao norte, para pór este mundo en equilibrio.
Este país necesita unha reforma, un cambio e non só político senón social, non se pode permitir que catro iletrados anulen con insultos a palabra dun bo cidadán.
Como se pode falar ben se non se sabe escoitar.
Manuel Alegre:
Mesmo na noite mais triste
em tempo de servidão
há sempre alguém que resiste
há sempre alguém que diz não.

Outros artigos

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

+

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...

+

El voto del BNG avala a Maduro”. José Castro López

El pasado día 17 el presidente venezolano, Nicolás Maduro, fue proclamado candidatodel chavismo para las elecciones de julio. Tres días después la Alta Comisionada de lasNaciones Unidas para los Derechos Humanos pedía un proceso electoral “transparente,inclusivo y...

+

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social; mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechos...