O pleno da Pobra veu marcado por un incremento dos recursos contra a violencia de xénero

26 Novembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada deste xoves 25 a sesión ordinaria do pleno da Corporación, a cal comezou cun minuto de silencio con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No seu transcurso aprobáronse medidas para intensificar a loita contra o maltrato. Novamente foi emitido en streaming a través do Youtube do Concello.

A orde do día foi a que figura a seguir:

  1. Aprobación actas anteriores (29 de abril e 27 de maio de 2021).
  2. Proposta alcaldía aprobación do protocolo de actuación, coordinación e prevención fronte á violencia de xénero do Concello da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.
  3. Modificación da ordenanza fiscal nº 7 reguladora da taxa polo subministro e acometida á rede xeral de abastecemento de auga potábel, así como da conservación de contadores e acometidas. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  4. Modificación da ordenanza fiscal nº 20 reguladora da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  5. Moción do grupo municipal BNG sobre o incremento dos recursos económicos destinados especificamente a loitar contra a violencia de xénero. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP).
  6. Moción do grupo municipal do PP relativa á loita contra a violencia de xénero. Aprobada por unanimidade.
  7. Moción do grupo municipal do PP relativa a unas instalación para o Club de Kempo. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
  8. Moción do grupo municipal do PP relativa ao soterramento do cableado aéreo. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).

Finalmente, procedeuse cos decretos e informes da alcaldía, así como cos rogos e preguntas.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...