O Plan Único da Deputación inviste este ano 11 millóns nos concellos do Barbanza

19 Novembro 2021

A Deputación da Coruña achegou un balance dos investimentos da entidade provincial na nosa comarca, neste ano en curso. Fíxoo a través do presidente provincial, Valentín González, quen sinalou que a cifra achegada aos nosos concellos pola entidade a través do Plan Único (POS+2021) alcanzará este ano os 11 millóns, dos que preto de 2 destínanse a financiar gastos sociais nos municipios co obxectivo de “paliar os efectos da pandemia e protexer aos colectivos máis vulnerábeis”.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, remarcou a utilidade deste programa para “mellorar infraestruturas e servizos, así como para dar apoio no eido social ante as necesidades derivadas da crise sanitaria e impulsar a reactivación social e económica nos municipios da provincia”.

Máis detalles

O Plan Único achega case 2 millóns de euros aos 11 concellos da nosa comarca “para paliar os efectos sociais provocados pola pandemia”. As contías repartidas nos diferentes municipios, dixo o presidente, oscilan entre os 103.356,63 euros de Carnota e os 262.161,95 euros que recibe Ribeira. Reforzo do persoal adscrito aos servizos sociais e axuda no fogar, creación de axudas para a cobertura de necesidades básicas coma vivenda, alimentación, gastos médicos e farmacéuticos ou escolarización dos colectivos máis vulnerábeis son algunhas das cuestións ás que os concellos están a destinar estes fondos. Concellos coma Ribeira ou Mazaricos destinan a practica totalidade do Fondo Social do Plan Único para reforzar o servizo Servizo de Axuda no Fogar. Outros coma Mazaricos destinan boa parte dos fondos a liñas de apoio a persoas e familias en risco de exclusión social.

Máis de 4 millóns para 42 obras

Dentro do plan, 11 concellos da comarca executarán un total de 42 obras de humanización de rúas e espazos públicos, mellora nas redes de iluminación e saneamento, renovación de estradas, actuacións en instalacións municipais ou accións para incrementar a seguridade peonil, entre outras.

O presidente salientou “grandes investimentos” como os 245.500 euros dedicados ao proxecto de mellora dunha vintena de camiños rurais en Mazaricos, os 230.922,63 euros para o proxecto de mellora de infraestruturas hidráulicas en Abelleira (Muros), os 193.328,94 euros para o saneamento en Mantoño (Porto do Son) ou os 169.198,74 euros para o punto de atención á infancia no Cruceiro (Outes), máis “tamén pequenas obras que contribúen a dotar de servizos básicos a moitos núcleos rurais e a mellorar a vida dos seus habitantes”.

Os municipios da comarca destinan este ano 289.804,25 euros para reducción da débeda, 258.022,31 euros para pago a provedores e 1,5 millóns para gasto corrente, co que se financian servizos básicos municipais importantes para a cidadanía como poden ser a iluminación pública ou a recollida de lixo. A través do Plan Adicional tamén se financiarán investimentos por importe de 3,1 millóns de euros.

O Plan Único ofrece aos concellos total liberdade á hora de decidir en que investir os fondos que lles achega a Deputación, cunha distribución que se basea en criterios obxectivos como a poboación, superficie, número de parroquias ou esforzo fiscal de cada municipio.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...