O Noia voltou a caer en Vilalba (3-1)

30 Novembro 2021

Cando a sorte non está do teu lado faise notar, e iso é o que lle está a pasar ao Noia na Terceira División. De novo despois de realizar un meritorio encontro contra o Vilalbés, voltaron a caer 3-1.
Comezaron con moito respeto ambos equipos, aínda que a medida que pasaban os minutos as ocasións de perigo foron chegando. A piques de chegar á primeira media hora un balón que cazaba Fernando Cuadrado adiantaba aos lucenses poñendo o 1-0 co que se chegaría ao descanso.
Saíron mellor na segunda metade os locais que viron como podían deixar medio sentenciado o encontro. Así, no minuto 55 e logo dunha ocasión clara de Pedrosa, Javi Rey ampliou distancias despois dunha gran carreira de José Varela. Non se rendiu o Noia, que mellorou cos cambios. E logo dun erro da defensa local, Ferreiro aproveitaría ese despiste para apretar o marcador de cara aos minutos finais. Desde ese momento os noieses puxeron toda a carne no asador co obxectivo de irse con 3 puntos de Vilalba, aínda que con máis corazón que cabeza.
No tempo engadido, e con case todo o Noia en campo rival á desesperada, un contragolpe perfectamente trenzado serviu para que Vela sentenciara o encontro.
Con este resultado os noieses sitúanse na deimocuarta posición con 12 puntos a tan só un da permanencia.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.