O grupo teatral de Ambar leva a Noia, este venres, As paisaxes de Camille

11 Novembro 2021

O Grupo de Artes Escénicas da Asociación Ambar leva esta semana a Noia (o venres 12 no Coliseo Noela a partir das 20.30 horas) o seu proxecto teatral As paisaxes de Camille, unha iniciativa para loitar, dende a creatividade, o talento e a reivindicación, contra a violencia de xénero no ámbito rural en calquera das súas manifestacións.

En concreto As paisaxes de Camille busca apoderar ás mulleres con diversidade funcional a través da expresión artística, explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida da escultora francesa Camille Claudel.

A peza está producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica Helena Salgueiro da plataforma ABAR e cun elenco composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río.

Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Para máis información sobre o proxecto cómpre visitar a web de Ambar, no apartado específico sobre o mesmo. As integrantes da asociación tamén subiron ao Youtube un vídeo de presentación.

Cronograma da cita deste venres

20:00h Representación da performance As paisaxes de Camille
20:30h Proxectarase un vídeo co proceso de traballo e a conceptualización da peza representada e desenvolverase unha pequena charla.
21:00h Peche

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.