O Concello de Dodro e a Andaina Pro Saúde Mental achegan este venres as claves para sobrepoñernos mentalmente á pandemia

10 Novembro 2021

Este venres 12 de novembro o Concello de Dodro vai co-organizar unha actividade para fomentar a calidade de vida entre a veciñanza, unha cita abeirada ao ciclo de charlas sobre benestar que pon o foco neste contexto actual de progresiva desescalada post-confinamento e post-pandémica.. Dará comezo ás 17.00 horas, no local municipal do Centro de Día de Dodro.

Servirá para presentar as liñas de traballo da asociación Andaina Pro Saúde Mental, unha entidade galega con todo tipo de recursos a disposición das persoas para axudalas a recuperarse, coas meirandes afouteza e capacidade de superación, das consecuencias dunha pandemia que, non podemos esquecelo, aínda segue presente.

A charla vén da man de Servizos Sociais do Concello de Dodro e colabora a dita asociación.

Andaina Pro Saúde Mental é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu no ano 2010 para cubrir un baleiro que existía na atención global ás persoas con este tipo de problemas das zonas rurais próximas a Santiago de Compostela. O seu propósito é “achegar apoio ás persoas con problemas de saúde mental, aos seus familiares e achegados, fomentando a súa autonomía e dando sentido ao seu desenvolvemento cotiá”. Para iso, a entidade aposta de cheo “por unha vida activa a nivel físico, social e laboral”.

Outros artigos

Mellora das paradas de autobús na comarca en Dodro, Rois e Padrón

As obras de mellora da accesibilidade en 63 paradas de autobús en estradas autonómicas na zona sur de Santiago, realizadas pola Xunta cun investimento de 1,8 millóns de euros, alcanzaron xa un progreso do 25%. Estas accións forman parte dun contrato máis amplo que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...