A Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño en Dodro convoca unha mesa redonda (este sábado) sobre a instalación da macrocelulosa da Ulloa

10 Abril 2024

Ante a pretensión da empresa Altri de instalar unha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, a Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño (Dodro) convoca unha mesa redonda este sábado 13 para informar dos efectos de dita fábrica na que participarán Joám Evans Pin da Fundación Montescola que falará sobre as iniciativas de deseucaliptización e experiencias de xestión alternativa desde a lóxica da conservación comunitaria, Xoán Castro Insua enxeñeiro agrónomo, investigador do Centro de Investigación Gandeira de Mabegondo e asesor da plataforma Ulloa Viva, que falará sobre os efectos directos da fábrica sobre o medio ambiente e os cultivos da zona, e Pablo Gómez Sande biólogo especializado en auga doce presidente da Plataforma para a Recuperación do Río Sar.

A mesa estará coordinada por Xoán Xosé Vicente Franco membro da directiva da Asociación de Veciños e concelleiro no Concello de Dodro.

Segundo adiantan os organizadores, a mesa redonda foi convocada para informar dun proxecto que “afectará negativamente o patrimonio cultural e natural da comarca da Ulloa e a totalidade do curso do río Ulla, e tamén á planta de tratamento de auga para consumo situada a pé de dito río en Carcacía, no municipio de Padrón, que á súa vez abastece a Dodro e aos concellos da contorna”.

Esta mesa redonda está aberta a todos os veciños de Dodro, a colectivos sociais, partidos políticos e a todos os concellos das Terras de Iria e do Baixo Ulla e será no local social do Montiño en Imo o próximo sábado día 13 ás 11:30h.

Haberá alegacións en contra da instalación da fábrica de Alatri a disposición dos asistentes e facilitarase información para a súa tramitación.

Ao rematar haberá uns petiscos na cantina para todos os asistentes.

Área onde se situará a planta de fibra téxtil de Altri en Palas de Rei © Altri

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.