“Maricón de merda”. Antón Luaces

01 Novembro 2021

Mediados os anos 70 do século pasado, a daquela denominada Policía Armada practicaba de cando en veces redadas tendentes a mallar de xeito inmisericorde e, no seu caso, deter a canto homosexual se xuntaba-reunía no paseo e xardíns de Méndez Núñez da Coruña a horas que os mandos policiais coidaban non tiñan explicación “normal”. Falo das once ou doce da noite e, en concreto, na zona máis próxima ao monumento que a cidade adicou a Daniel Carballo e tamén nas proximidades do edificio Atalaia. Todo isto, como é ben sabido, a escasos metros da sede da Xefatura Superior de Policía desta cidade.

Máis dunha vez, as cargas policiais levaron ás persoas reunidas nos devanditos xardíns a fuxir. Non había explicacións: era o medo a seren detidos, acusados de homosexuais (en linguaxe daquel tempo, “maricóns” ou “maricas”). Aquela fuxida dos afectados levávaos na maior parte dos casos a intentar agavear o valo do porto sen lles importar o dano que podían producirse primeiro ao subir e, segundo, ao baixar pola outra banda do valo unha altura duns tres metros. Aquela Policía Armada, hoxendía Policía Nacional, atende e axuda a atender a outros homosexuais que non fuxen deles senon de membros da sociedade actual -nomeadamente xoves de toda caste- que, ao berro de “maricón de merda” atacan coma cans de presa a supostos membros do colectivo gay ou homosexual. 

Dous casos deste tipo de ataques nos últimos días: un home de 40 anos, coruñés residente en Vigo, atacado por motivos homófobos na zona do Berbés da cidade olívica, e un mozo que, na localidade asturiana de Pola de Siero, asimesmo atacado coa mesma escusa ao berro de “maricón de mierda” por un grupo de xoves. E, vai uns meses, tamén na Coruña, a escasos metros da praia de Riazor, un xove brasileiro morría vítima doutro ataque homófobo e co consabido “maricón de merda” como acusación, como culpa polo tanto.  

Quen os atacou?. Non eran, desde logo, persoas maiores que, coma no meu caso, foran testemuñas de cargas policiais contra os supostos homosexuais mediado o século pasado, Supostamente os atacantes eran xoves e a estes supónselles un coñecemento amplo do que é a homosexualidade e, polo tanto, seren máis comprensivos do dereito que cada quen ten a vivir a súa sexualidade como lle peta.  Ata o punto de que na actualidade a ninguén resulta estrano que unha parella do mesmo sexo vaia do ganchete ou collida da man pola rúa, ou mesmo se bique públicamente a quen o acompañe como outros fixemos coa moza ou parella de turno vai 50 ou 60 anos ante o escándalo que un bico podía suscitar a algúns dos que compartían a andaina pola rúa. 

Que lle pasa a esta que se dí tolerante sociedade de hoxendía, que hai de diferente entre unha parella home-muller a outra de home-home ou muller-muller?. 

A diferenza está, exclusivamente, no teu dereito a elixir con quen te deitas. Máis nada.

Teño amigos e mesmo familiares homosexuais. Tamén compañeiros homosexuais cos que compartín tarefas na miña etapa profesional. Nunca absolutamente nada deles negativo podo dicir, porque sempre fomos compañeiros, amigos e familiares. E eu non son quen para xulgar a ninguén pola súa condición sexual (como tampouco por outras condicións). Pero da a impresión de que unha parte da sociedade só recoñece o dereito de aqueles que son coma ela, que os que non o son carecen do carimbo que os cualifica como os nazis cualificaban aos xudeos.

 Persoalmente nada me diferencia dun homosexual a non ser o feito de que a miña opción non foi esta. Nunca preguntei a ninguén se era ou non homosexual para sermos amigos, compañeiros, familia. E sempre coidei que aquelas cargas policiais en Méndez Núñez contra os grupos que aquí se reunían para falar ou simplemente estaren reunidos, non derivarían en pleno século XXI en ataques homófobos da pior condición case sempre perpetrados por grupos de xoves e en moi contadas ocasións polo un contra un.

Se esta é a sociedade que estamos a compartir, moito se trabucan os que a deseñan. O nazismo non acabou cos xudeos. O fascismo que algúns poden atesourar tampouco vai facer mudar o mundo porque sempre haberá unha parte que exprese o seu dereito a ser o que lle pete: un maricón de merda. Porque é a súa opción. E o seu dereito.Estamos?. 

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.