A compañía Lila Teatro vai representar o seu espectáculo Rara Avis no auditorio da Casa da Cultura de Boiro. Será este venres 5 de novembro, a partir das 21.00 horas, con compra de entradas dispoñíbel no mesmo día da función a partir das 19.00 horas.
Rara Avis é unha comedia para público adulto que busca honrar a “todas esas criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo”. En concreto, cóntanos a historia de Paloma, “un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan”, dotada dun importante compoñente de empatía, coraxe, perseveranza e sentido do humor (moi particular, iso si) que lle permiten, ante os ollos do público, reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador.