JEALSA e o Boiro Voleibol poñen en marcha o concurso de postais do Nadal Navivolei

30 Novembro 2021

M. A. – A primeira edición do concurso de postais do Nadal Navivolei xa está en marcha. Organizado por JEALSA e o Boiro Voleibol, un xurado elixirá a postal oficial do club de voleibol da Cachada entre os deseños que se presenten. Poden participar nenos e nenas menores de 15 anos, que deberán achegar os seus bosquexos no Pavillón da Cachada até o venres 17 de decembro. Repartiranse premios ao tres mellores deseños, así como ao centro ou club cuxos alumnos presenten unha maior cantidade de traballos. Ademais, o deseño gañador converterase na postal oficial do Boiro Voleibol.

Os participantes na primeira edición de Navivolei deberán presentar un deseño no que se incluirán a temática do Nadal, o Boiro Voleibol e o logotipo de JEALSA Rianxeira. Un xurado composto por Adrián Alves, xogador do Rotogal Boiro Voleibol; Ana Segade, directiva do Boiro Voleibol; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA; emitirá o veredicto unha vez conclúa o período para presentar os bosquexos. O tres mellores deseños recibirán premios consistentes en lotes de conservas da conserveira boirense e produtos relacionados co voleibol, mentres que o mellor deles converterase na postal oficial do Boiro Voleibol.

Ademais, o centro ou club deportivo cuxos integrantes presenten unha maior cantidade de traballos recibirá un lote de vinte entradas para poder asistir ao partido de Superliga que o Rotogal Boiro Voleibol e o Conectabalear Manacor disputarán o 29 de xaneiro na Cachada.

Os deseños poden presentarse en formato A-4 ou A-5 e a técnica é libre. Na parte posterior do traballo, os participantes deberán incluír os datos de contacto (nome completo, teléfono de contacto e centro escolar ou club ao que pertencen).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...