Este xoves 18 a ABE entrega os seus premios anuais

16 Novembro 2021

Este xoves 18 de novembro vaise celebrar en Boiro un dos nosos grandes acontecementos da tempada en materia empresarial: a gala de entrega dos Premios ABE 2021, que concede unha vez máis a Asociación Boirense de Empresarios para visualizar os importantes esforzos despregados polos seus integrantes en materia de espírito empresarial e emprendedor, emprego, crecemento, competitividade e, por suposto, resistencia fronte as adversidades da COVID. A cita será a partir das 20.30 horas na Pousada da Galiza Imaxinaria.

A presentación do acto recaerá no actor, director, adaptador teatral e narrador de contos Quico Cadaval (Ribeira, 1960).

A entrada será exclusivamente con convite. Contarase con photocall, musica, pinchos e sobre todo a presenza do tecido empresarial local no que será a festa dos empresarios e empresarias de Boiro.

Recordar que o premio de honra recaeu en José María García Sánchez, propietario de García Sánchez Boiro, S.L. e que os premios á mellor empresa e mellor comercio desvelaranse durante a gala.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...