Este venres comeza o I Torneo Halloween de Golf

11 Novembro 2021

Unha semana máis tarde do esperado chegará o I Torneo Halloween de Golf organizado polo Barbanza Pitch & Putt. Este venres 12 de novembro arrancará a competición para os máis pequenos, e o sábado 13 de novembro comezará a categoría absoluta. A proba consistirá nun percorrido curto en parellas Fourball, e será obrigatoria participar con disfraz.

O venres os máis pequenos comezarán a partir das 16:30 horas e os adultos farano o sábado a partir das 11 da mañá. Haberá premios para o 1 e 2º Scractch, 1º e 2º Hándicap e un premio especial para hándicaps +36.

A entrega de premios será o sábado 13 ás 19 horas, cunha posterior festa de disfraces, con DJ Matrek, e sorteos, Ademais premiarase ao mellor disfrace individual e por parellas. As inscricións para os socios na categoría nenos é de 10 euros, e para os non socios de 15. Na categoría absoluta os socios pagarán 15 e os non socios 22 euros. As inscricións están abertas ata hoxe xoves 11 de novembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.