Este domingo comezou a campaña extractiva da centola

06 Novembro 2021

A campaña extractiva da centola comezaeste domingo nas provincias da Coruña e Pontevedra. Nas áreas que van de cabo Corrubedo ata A Guarda e de cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares, o inicio da actividade das distintas artes réxese polo establecido no decreto que regula en Galicia as artes, aparellos, útiles equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos. A frota que se dedica á extracción desta especie pode levar as súas capturas á lonxa o vindeiro luns.
A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2022, que se fixará a través do correspondente plan de xestión. No caso da costa que vai de cabo Estaca de Bares ata o río Eo -incluíndo a ría do Barqueiro, na provincia de Lugo, a campaña comezará o 28 de novembro pois o plan de xestión que regula esta
especie establece a veda nesta zona ata o 27 de novembro, día incluído.
O Executivo galego tamén abre mañá a campaña extractiva do boi en todo o litoral de Galicia, polo que a frota dedicada á captura desta especie pode calar os aparellos de acordo co establecido no decreto de artes e aparellos e levar as súas capturas á lonxa o vindeiro luns. A actividade manterase ata o inicio da veda do próximo ano, que quedará fixada no correspondente plan de xestión.
A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, á que se lle engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.
Poderán participar na campaña todas as embarcacións de artes menores e con porto base en Galicia así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...